Xoves. 22.02.2024

A localidade de Cidade Real acolleu, a pasada fin de semana, a final da Liga Nacional de kickboxing, unha cita que nesta edición adquiriu categoía de internacional xa que contou coa participación da selección arxentina, recente campioa do mundo en Portugal. 

A Escola Ayude de Santiso, en Melide, acudiu á final cun total de 10 deportistas, dirixidos por Cora e Aron Ayude, que, tras unha brillante competición, sumaron un total de 17 medallas: 5 ouros, 5 pratas e 7 bronces. Os adestradores valoraron os resultados e aseguraron que "sen dúbida son moi bos de cara á nova tempada". 

Así, Antía Suárez conseguiu dos ouros (Light e Kick); Nora Segade sumou un ouro en Light e unha prata en Kick; Naia Mato, oro en Light e prata en Kick, Ainhoa Rouco colgouse un bronce (Light); Alba Gil sumou dúas pratas en Light e Kick; doble bronce de Iago Suárez (Light e Kick); Lia Mellid acadou a prata en Light; tamén prata en Kick e bronce en Light para Noelia Rey; otro ouro conseguiuno Hugo Gil en Kick, e Mussa Nicolas pechou o medalleiro con un dobre bronce en Light e Kick e nunha gran semifinal ante o representante arxentino.