Venres. 26.04.2024

As pistas de pádel de Curtis teñen xa un novo peche perimetral. No mes de febreiro a pista de pádel de Teixeiro tamén se cerrará cun modelo similar. As obras contan cunha inversión de 12.000 euros.

O Concello curtiense aposta polos hábitos de vida saudables, creando espazos tanto cubertos como ao aire libre onde se pode desenvolver actividades físicas.