Xoves. 25.04.2024

O conselleiro de Medio Rural, José González, e o alcalde de Touro, Ignacio Codesido, participaron na entrega de títulos de propiedade da concentración parcelaria de Monte de Foxás e Santa María de Bendaña, no Concello de Touro, dando así por finalizado este proceso de reorganización de terra que supuxo un investimento da Administración autonómica de case dous millóns de euros.

O conselleiro, acompañado da directora xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, cumprindo todas as medidas sanitarias esixidas, participaron na entrega destes títulos aos 440 veciños beneficiados nesta reestructuración, que afectou a unha superficie de algo máis de 461 hectáreas. A entrega de títulos foi no local social de Foxás. Con esta reorganización do territorio, pasouse de 6.302 parcelas a 940 fincas, o que permitiu multiplicar por sete a superficie media dos novos predios. Isto, según apuntou o conselleiro, demostra que as parcelarias son unha ferramenta fundamental para paliar o minifundismo, dende o punto de vista da estructura da propiedade, e reducir considerablemente os custos de producción das explotación sao aumentar a súa base territorial.

O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, mostrou a súa satisfacción por ter rematado a concentración en Foxás-Bendaña. “Houbo colaboración e entendemento por parte dos veciños e veciñas coa Administración autonómica”, destacou o rexedor, quen apuntou que o proceso, nestes últimos tempos, “foi áxil” e conseguiuse completar “satisfactoriamente”. O alcalde de Touro confía en que os seguintes procesos de concentración parcelaria en completar sexan os de Vilar e Loxo. E xa máis adiante, os de Fao-Novefontes.

O conselleiro de Medio Rural anunciou que nos próximos meses entregaranse preto de 6.000 títulos de propiedade doutras oito zonas parcelarias, beneficiando a máis de 2.400 veciños e veciñas de Galicia. A día de hoxe están abertos un total de 96 procesos, pero en 59 deles a veciñanza xa fai uso das novas parcelas.

“Por cada concentración rematada, iniciaremos unha nova”, manifestou o conselleiro ao tempo que asegurou que se seguirán impulsando estes procesos da man da futura Lei de Recuperación de Terra Agraria de Galicia, que vén complementar e desenvolver o marco legal actual iniciado x apola Ley de Mellora da Estructura Territorial Agraria de Galicia (Metaga).