Xoves. 28.03.2024

A Deputación da Coruña inviste 164.160,58 euros nas obras de renovación do pavimento da estrada provincial DP-6601, no tramo que conecta a estrada de Curtis-Lavacolla coa de Arzúa-Santiago, no Concello do Pino.

A actuación, que está a licitación pública no plataforma de contratación do Estado, inclúe a roza de cunetas e noiros, a poda das árbores que supoñan un risco para a seguridade viaria, o asfaltado da vía e a renovación da sinalización horizontal mediante pintura acrílica. Para manter sempre o tráfico aberto a execución dos traballos levarase a cabo primeiro por unha marxe e posteriormente pola outra.