Venres. 26.04.2024

O Concello participa na campaña “Europa no teu Concello”, unha iniciativa que pretende achegar publicacións e materiais sobre as principais iniciativas europeas de xuventude aos mozos e mozas do municipio.

A Oficina de Información Xuvenil (OMIX) de Boqueixón instalou un punto informativo na biblioteca. Os mozos e mozas que se acheguen atoparán tamén materiais informativos sobre o Club UE, as Redes de Información Europea en Galicia e sobre Europe Direct A Coruña, un centro oficial de información da Comisión Europea que é o responsable do lanzamento da iniciativa “Europa no teu Concello”.