Luns. 29.04.2024

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañado do concelleiro de Servizos, José Tomé, reuniuse  coa presidenta da AVV de Caranza para avaliar as melloras realizadas durante a última semana a través do plan de barrios. “As brigadas dos servizos municipais realizaron importantes traballos de limpeza e desbroces demandados polos veciños, tafeas que, nalgúns casos, continuarán nos próximos días”.

Así adiantou que aínda que as segas comezaron, está previsto que continúen durante as próximas semanas para poder realizar todo este traballo nas zonas verdes que suman un total de 169.396 metros cadrados. Dentro das actuacións executadas a través do servizo de conservación de zonas verdes realizaronse plantacións de flor de temporada na glorieta do auditorio e na mediana de Tejeras, espazos nos que tamén se fixo mantemento dos macizos.

Con respecto ás podas, iniciáronse e continuarán de maneira intensiva con preferencia nas inmediacións das vivendas.

En canto ás actuacións levadas a cabo pola empresa de servicio de limpeza viaria, destacan os traballos de desbroce e chapeo en especial atención en los solares da rúa Marín, Mercado de Caranza e noiro rúa Cartagena.

Ademais, realizouse un lavado e baldeo manual de todas as beirarrúas e prazas.

En relación ao servizo de conservación e mantemento de áreas infantís de xogo, biosaludables e de exercicio ao aire libre, as brigadas designadas fixeron unha limpeza de pavimentos e graffitis con hidrolimpiadora e reposición de pezas en mal estado.

Pola súa parte, Emafesa centrouse como sempre en traballos relacionados coa detección de fugas visibles, inspección de bocas de rego e limpeza de alcantarillado.

As brigadas do plan de barrios comezarán a traballar o luns 18 en Esmelle e o vernes 22 visitarase a parroquia de Papoi.