Luns. 29.04.2024

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, anunciou hoxe que as obras de remodelación da praza do mercado de A Magdalena estarán listas a 31 de decembro. O confirmou durante unha visita a esta praza que levará o nome de Rancho da Praza- Rendilleiras de Vila do Conde en homenaxe aos nosos irmáns de Vila do Conde e con motivo da conmemoración dos 50 anos de irmanamento entre ambas cidades. “A transformación da praza do mercado é xa unha realidade, Ferrol gaña un novo espazo para uso dos ferroláns”, manifiestou.

Marcámonos como obxectivo que este espazo estivera aberto para o Nadal, para compensar aos operadores do mercado todo o que tiveron que sufrir durante estes meses polas obras da rúa da Igrexa e tamén polas desta praza, e conseguímolo”, expresou o alcalde. “O diálogo coa empresa e o aumento do número de traballadores fixeron posible este resultado”, engadiu.

O proxecto incluíu a demolición da nave provisional do mercado e a mellora substancial do espazo urbano, xunto coa rexeneración da área circundante no paseo túnel-Costa de Mella-peixería de Ucha. Unha actuación que conta cun orzamento de 880.880,57 euros, financiado nun 80% con fondos FEDER.


 


 


 

Rey Varela recordou as actuacións levadas a cabo dende que a mediados do pasado mes de xuño entraron no goberno. Neste sentido, foi necesario aprobar un modificado xa que no anterior proxecto non se contemplaba a impermeabilización nin as probas de estanqueidade e para mellorar a accesibilidade vaise instalar, en xaneiro, un ascensor que conectará a rúa de Igrexa coa praza e co estacionamento subterráneo, un elemento fundamental e unha demanda histórica dos usuarios.

Ademais da impermeabilización para previr posibles filtracións no garaxe ubicado no subsolo, a renovación do pavimento empregando lousas de granito de 6 centímetros de espesor, o que permite o tránsito de vehículos. Esta elección baséase nas necesidades dos praceiros para a carga e descarga de produtos.

Outras actuacións foron a adecuación dos aseos que empregan os usuarios dos locais de ensaio, para iso implementarase unha pechadura dixital con tarxetas a través do sistema NFC, que permitirá controlar o acceso a estes servizos. Estas tarxetas serán distribuídas entre os usuarios destas instalacións.

Antes de que remate o ano, quedará instalado un parque infantil, para o ocio dos máis pequenos, o parterre lateral e as farolas.

Rey Varela recordou que “xa iniciamos este proxecto no ano 2015 coas primeiras fases de Abrir Ferrol ao mar que se corresponderon coas intervencións no Cantón de Molíns, nos xardíns de San Francisco e na Costa de Mella, quedando pendente o proxecto de rexeneración do espazo comprendido entre a alameda do Carbón e peixería de Ucha”.

A través deste proxecto de recuperación da praza, que retomou a anterior corporación, “recuperamos un gran espazo para dinamizar esta zona para o uso da ciudadanía, será un polo de atracción no que se poderán realizar actividades lúdicas, que servirán para potenciar o mercado tradicional”. “Ademais, temos previsto complementalo cun gastromercado, escoitando sempre as propostas e demandas dos operadores”, asegurou.

Felices de cumprir un novo fito tras seis meses no goberno e a punto de rematar o 2023”, manifestou. Ferrol avanza grazas ao diálogo, ao traballo conxunto e ao esforzo do Concello e das empresas adxudicatarias das obras. “Entre todos conseguiremos una bonita imaxe da cidade para este Nadal e que as rúas se volvan a encher de xente sen problemas de circulación”, concluíu Rey Varela.