Luns. 26.09.2022

O Concello de Frades vén de incorporar unha Brigada Municipal de Prevención e Defensa conta Incendios que ten previsto rozar 10,5 hectáreas de masas comúns e terreos municipais. Uns traballos de roza que se estenderán durante todo o verán.

A brigada está composta por cinco persoas: un xefe de brigada, un peón condutor e tres peóns de brigada. “A súa función será realizar labores de prevención de lumes forestais, sempre que non sexan requiridos para a defensa destes”, explica o concelleiro de Medio Rural, Manuel Ferreiro. Uns traballos que deron comezo pola parroquia de Gafoi.

Esta iniciativa é posible grazas a un convenio de colaboración do Concello de Frades coa Consellería do Medio Rural, que supón un investimento de máis de 36.000 euros. Un acordo que o ano pasado permitiu rozar outras dez hectáreas de masas comúns, como medida preventiva contra os lumes.

comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade