Venres. 26.04.2024

O PP de Melide denucia a falta de dilixencia e as poucas gañas de traballar do Goberno local por e para os melidenses ao anunciar na última quincena do mes de agosto, en San Roque, a convocatoria da contratación de tres motobombistas, a pesar do estado de seca decretado pola comunidade autónoma ao inicio do verán.

Co estado de seca, a convocatoria da contratación dos motobombistas por parte do goberno bipartito de AM-PSOE, chega tarde, mal e arrastro. Non podemos agardar ao final do verán para estas contratacións, o que demostra a falta de traballo e de estar no día a día das cousas normais dun concello”, denuciou a voceira do PP melidense Dalia García, que non considera normal que a semana para apuntarse á convocatoria sexa a semana do San Roque, cando os horarios se reducen e os interesados en apuntarse teñan que acudir en horarios moi concretos ou ter que desprazarse a outros concellos para facer as xestións oportunas.

Con todo isto, o tarde que imos na contratación de persoal e as dificultades para anotarse na convocatoria, “son unha mostra máis da incompetecia e falta de traballo do bipartito melidense máis preocupados por facer oposición á oposición que por traballar por Melide”, sentenció Dalia García.