Venres. 26.04.2024

O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o taxista local Juan Carlos Andrade Gómez veñen de asinar un convenio de colaboración para poñer en marcha o servizo de bono-taxi. Deste xeito, Juan Carlos Andrade encargarase de desprazar gratuitamente a aqueles veciños e veciñas do municipio que solicitaran este bono para acudir a centros sanitarios do Sergas.

O bono-taxi é un servizo posto en marcha este ano polo Concello de Frades que ofrece desprazamento en taxi de balde e para acudir e citas médicas programada en centros sanitarios do Sergas dentro da provincia da Coruña. Unha convocatoria que está aberta de forma permanente nos Servizos Sociais do Concello de Frades.

A convocatoria está dirixida a persoas que vivan soas, teñan máis de 65 anos ou sexan maiores de idade cunha discapacidade recoñecida igual ou superior do 65%. Estas persoas tampouco poderán dispoñer de vehículo propio (ou estar imposibilitada para conducilo) e deben poder utilizar transporte público non adaptado. Economicamente, pídese que se carezan de ingresos superiores ao 85% do IPREM anual da unidade familiar e que a persoa perciba unha pensión da Seguridade Social por IPT, IPA, gran discapacidade... ou ter un grao 2 ou 3 de dependencia.