Venres. 26.04.2024

Manuel Mirás renunciou esta mañá de forma oficial á alcaldía de Oroso durante un pleno extraordinario celebrado no concello.

Quero ter por suposto unha lembranza especial a todos os concelleiros e concelleiras que pasaron por aquí nestes anos, sobre todo a aqueles que xa non están entre nós”, apuntou.

Foi un orgullo ser alcalde de Oroso e conseguir todo o que conseguimos para este Concello coa axuda de todos, deséxolle moita sorte ao novo alcalde e ao resto da corporación municipal”, engadiu Mirás.

O pleno de investidura do novo alcalde se celebrará nun prazo aproximado de 15 días. Ata entón, asume de forma provisional as funcións de alcaldesa a tenente de alcalde Vanesa Boo.

Despois do pleno, Mirás quixo tamén despedirse dos traballadores e traballadoras do concello, nun acto celebrado na casa da cultura no que destacou “todo o que conseguimos co voso apoio e o voso traballo, superando os malos momentos sen deixar de avanzar para conseguir un Concello que é unha referencia en moitas cousas; grazas a todos”.