Sábado. 27.04.2024

Todos esperaban que coa designación de José Miñones como delegado do goberno en Galicia, Ames contaría coa primeira muller alcaldesa. Que pasou?

Eu souben moi pronto que eso non sería así. Cando se falaba en Ames de calquera problema todos escoitábamos a mesma resposta: Fala con Blas. Tamén había comentarios tipo: Alcalde na sombra. Así que non sorprendeu a ninguén, porque aínda que as listas son paritarias, dentro do partido socialista fálase de igualdade, de mesmas oportunidades, de feminismo e o final todos sabemos onde acaban estas listas cremalleira.


 

Ese foi o momento do teu desencanto?

Xa viña un pouco de antes, xa ibas vendo cousas, pero tanto para min como para moitos compañeiros que traballaron arreo e fóronse. Cando entras novo na política todo é ilusión. Gustábame o proxecto, a escoita activa e non prometer nada do que non estivéramos seguros que poidésemos facer. Todo iso mudou co paso do tempo, mais que traballar por Ames e os seus veciños, empezamos a traballar para un partido e opcións persoais. Pouco a pouco foise instalando unha política de cordas, onde se primaba máis a afinidade persoal que a capacidade de traballo, onde tanto simpatizantes como militancia eran chamados para a conveniencia do momento.

Empecei a pensar que ese non era nin o meu obxectivo, nin o pouso que quería deixar na veciñanza de Ames.

Dende as filas socialistas insistiron que vostede estaba moi contenta ata que o alcalde decidiu non levala nas listas e por iso se puxo enfronte, baixo as siglas de Espazo Común.

Iso non é certo. Moi poucos saben que non partiu de min a iniciativa de crear un novo partido, aínda que si o tiñamos falado en mais dunha ocasión. Foron compañeiros afiliados e simpatizantes que traballaron arreo polo Psoe e que abandonaron a formación ao non sentirse escoitados, os que me puxeron enriba da mesa o traballo e os logros conseguidos nestes anos. Déronme 24 horas para pensalo e claro está, non puiden dicir que no.

Déronme 24 horas para pensalo e claro está, non puiden dicir que non

Como chega a Espazo Común?

Unha vez que nos decidimos a formar algo independente tiñamos dúas opcións, por unha banda decatarnos por unha plataforma veciñal ao uso, que dado o corto espacio de tempo do que dispoñiamos, nos complicaba e moito a tarefa de facer candidatura, programa,... ou albergarnos baixo unha estrutura xa creada, que nos permitira concorrer a estas elecións. Tamén che direi que había varias opcións e que despois de sopesalas, decidimos que Espazo Común era o que mellor encaixaba no noso proxecto, xa que foi a única alternativa que nos deu esa independencia que nós queríamos, sin directrices, sin imposicións e que nos vai permitir facer a política que nos queiramos facer.

Como define a Espazo Común?

Como unha plataforma veciñal de carácter progresista, galeguista, municipalista, participativa , horizontal e aberta.

Escoita falar con paixón da súa candidatura?

Certo, porque é unha candidatura onde contamos con xente de Ames, que traballa , vive e sinte o seu concello. Conseguimos agrupar a colectivos tan importantes como o colectivo comercial, o colectivo do deporte, mocidade ou migrante, xa que convivindo con 26 nacionalidades na localidade do Milladoiro, era necesario que tiveran voz. Onde uns ven un problema, nos vemos riqueza.

Sabemos da súa implicación co feminismo, por eso encabeza a lista de Ames-Espazo Común tres mulleres?

Poderían ser perfectamente tres homes pero levamos tres mulleres porque son valiosas, fortes e empoderadas. Tres mulleres que representan a diferentes colectivos e porque queremos visibilizar que somos a metade da poboación e non podemos permitirnos desaproveitar ese talento.

Que lle gustaría aportar o seu concello, podería darme unhas liñas do seu programa?

Gustaría falar en plural. Queremos un Ames social, inclusivo, innovador, plural. Imos aportar empatía e resiliencia ademais de traballar en liñas tan importantes como a xustiza social, como é darlle voz e espazos á mocidade, impulsar o comercio, poñer en valor o noso patrimonio tanto material como inmaterial ou impulsar o noso espléndido rural e non facendo obras, senón poñendo en valor e recuperando as súas tradicións e mostrandoas ao resto da veciñanza.

Somos unha plataforma veciñal de carácter progresista, galeguista, municipalista, participativa e aberta

Seguimos a falar neste caso dun futuro moi preto, como son as eleccións municipais. Cales son as súas aspiracións e onde cree que a van a situar, os que camiñen con vostede, este 28 de Maio?

Lóxicamente como calquer outra candidatura que se presente, nos aspiramos á alcaldía. Eu quero ser a primeira muller alcaldesa do noso concello.

Nos últimos anos Ames converteuse nun fervedoiro de formacións políticas que facía complicado saber que sairía de e sobre todo cantos aguantarían o tirón. Nestes comicios a cousa cambia, concorren PP, Psoe, Bng Ames espazo Común, Unic e Vox, xa que non se presentan Ames Novo nin Contigo Pódese e o candidato de Ciudadanos acaba de integrarse na lista do PP.

Luisa Feijóo
Luisa Feijóo

De ser respaldada pola cidadanía, con quen pactaría?

Agora mesmo esto non é unha prioridade para nós, nin sequera o temos pensado. Agora estamos centrados no noso programa, en manter contacto cos diferentes colectivos, ca veciñanza, no noso proceso de escoita activa e sobre todo traballando sin descanso para conseguir gañar as eleccións do 28 de Maio. De todos os xeitos o que si che podo dicir é que nós temos un programa e que para nós o noso programa e inamovible.

Para rematar, e vostedes unha desas persoas que sabe mais polo que cala, que polo que fala?

(risas) Gracias pola entrevista.