Venres. 26.04.2024

Dalia García de Melide, Matilde Pallares de Santiso e Rafael Ribadulla de Arzúa, os tres portavoces populares reuníronse para analizar as decisión tomadas para a aprobación inicial do Plan de transportes que “de ir adiante e aprobarse a lei tal e como está contemplada supoñería un esmorecemento progresivo das nosas vilas minguando servizos tanto para veciños como para o propio Camiño de Santiago, en definitiva, condenando ao desterro ás vilas das nosas características que por cuestións sanitarias, laborais e de servizos centrais acoden á capital galega ou a cidade da muralla diariamente ademais do movemento entre os concellos da comarca que se produce mediante este medio de transporte que está máis que consolidado no territorio”.

“O mapa proposto polo Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana é un auténtico despropósito que non contempla a realidade Galega, é dicir, a convivencia entre o rural e o urbano ademais da dispersión poboacional propia do territorio” sinalan os populares.

Pola súa banda instan a “que os gobernos bipartitos locais de Arzúa e Melide onde o PSOE é socio necesario así como o alcalde de Santiso do BNG tome conta da situación e haxa unha resposta unánime a un problema creado en Madrid debido á ansia de Sánchez de recortar servizos públicos dependendo e que territorios en aras da supervivencia do goberno Frankestein que estamos a sufrir”.