Venres. 26.04.2024

O PP de Melide reclamou o amparo da Valedora do Pobo poñendo en coñecemento da mesma as practicas “antidemocráticas e de atropelo directo á labor de oposición que exerce o goberno presidido por Pérez”.

Dalia García, a portavoz dos populares de Melide explica “estamos fartos deste comportamento que non respeta as regras do xogo institucionais e que aínda por riba se nos recrimina en pleno por parte do alcalde; non se pode consentir que unha tras outra se nos trate como vasalos, temos dereito aos prazos que marca a lei e un alcalde debería respetalos”.

Dalia García reivindica que o "PP é a forza maiorítaria, representa a 2.240 veciños de Melide que é un bo número moito por riba de AM ou xa non digamos do PSOE, e non pode ser continuamente pisoteado polas formas do bipartito, o alcalde terá que facerse cargo das súas responsabildades” sentencia.