Venres. 26.04.2024

O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana ( Mitma) licitou por 604.758 euros as obras de rehabilitación do firme da estrada N-547, nos tramos comprendidos entre o km 47,400 e o 49,480 (Travesía de Melide); e o km 62,240 e o 64,300 (Travesía de Arzúa), ambos na provincia da Coruña. Traballos que pretenden como principal obxetivo incrementar a seguridade viaria.

Son unhas obras moi demandadas tanto por parte da veciñanza de Arzúa como de Melide xa que o firme atópase moi deteriorado e era necesario executar obras de mellora. Asociacións de empresarios e diferentes partidos políticos levan denunciando nos medios de comunicación esta situación dende hai meses. O

MELLORAS QUE SE VAN REALIZAR

A rehabilitación para executar nas travesías de Melide e de Arzúa distingue dous tipos de actuacións en función do grao de deterioración actual do firme en cada unha das travesías: unha actuación superficial, que inclúe o fresado e reposición da capa de rodadura das zonas sen fallos estruturais do firme; e unha rehabilitación estrutural completa da sección de firme naquelas zonas que presenten peor estado de conservación, onde se fresará o pavimento existente e estenderanse novas mesturas bituminosas.

Finalmente, completarase a actuación coa reposición de toda a sinalización horizontal afectada polos traballos de rehabilitación do firme.

Estas obras inclúense dentro do programa de conservación e mantemento da Rede de Estradas do Estado, no que Mitma investiu máis de 60 millóns de euros desde xuño de 2018 na provincia da Coruña, e que xera un impulso significativo para mellorar a calidade de servizo da infraestrutura viaria estatal existente.