Sábado. 27.04.2024

Visítanos o presidente do Goberno estes días. Vostede como lle planificaría a súa viaxe a Galicia, no tren ou pola A6?

A verdade é que o problema da desconexion de Galícia é dramático. Non temos alta velocidade, e por estrada, so se pode chegar por Ourense, porque por Lugo, coa caída do viaducto e a falta de arranxo rápido, está levando a que Galicia teña unhas desconexións importantes. Sospeito que virá en Falcon que é o que lle gusta a el.

O novo delegado do Goberno, José Ramón Gómez Besteiro, dixo que Alfonso Rueda está preocupado por telo cerca, e que ía facer política todos os días. Política a favor dos galegos ou política interna a prol do PsdeG-PSOE?

 O que estamos vendo é que só se preocupou de facer visitas a membros do Partido Socialista, eu falei do tour da baronías: foi a ver a Abel Caballero, foi a ver a Valentín Formoso, foi a ver a Lara Méndez, pero de momento aínda non coñecemos nin unha soa  actuación a prol de Galicia, moitas a favor do Partido Socialista, máis ningunha a prol de Galicia.

Ofrecemos un proxecto de estabilidade, de solvencia e de unidade

Está o Partido Popular preparado para as eleccións Municipais a falta de menos dun mes?

 Sí. Levamos tempo traballando para presentar os mellores candidatos, os mellores equipos. Proxectos gañadores que sexan alternativas naqueles concellos nos que non gobernamos. Ofrecemos un proxecto de estabilidade, de solvencia e de unidade.

Paula Prado
Paula Prado

 Como valora que sexa o PP o único partido que presenta candidaturas nos 313 concellos de Galicia?

 Somos o partido que máis se parece a Galicia, e co que os galegos e as galegas máis identificados se senten. E neste sentido, resulta máis fácil que a xente incorpórese ao proxecto do Partido Popular que ao proxecto do Partido Socialista e mesmo ao dos nacionalistas. Que sexan os nacionalistas os que menos candidatos presenten quere dicir que non son cos que máis se identifican os galego. É a paradoxa do nacionalismo, que os galegos e galegos se sintan menos identificados cun partido nacionalista que cun partido galeguista de centro-dereita como é o Partido Popular.

Santiago é unha cidade que vota habitualmente ao Partido Popular

Estas eleccións municipais pódense valorar en clave interna para o PSdG-PSOE e para o BNG como unhas primarias para eles, e que segundo os resultados poderían xerar loitas internas?

Penso que cada vez hai que extrapolar menos os datos dun proceso electoral a outros. Non é o mesmo votar ao alcalde, que votar a un presidenta da Xunta ou ao presidente do Goberno. Estou segura que nestas municipais, os galegos e galegas votasen en clave nacional, o Partido Popular arrasaría nas eleccións. É certo que haberá moita xente que empregará estas eleccións para castigar a Pedro Sánchez nas urnas e dicirlle que non están de acordo coas políticas que está facendo, e polo tanto non lle van regañlar o seu voto ao PsdeG para darlle osíxeno ás políticas de Sánchez. E iso pode xerar unha serie de distorsións no resultado, que lóxicamente da que tanto os socialistas como os nacionalistas poden facer unha lectura interna, e xerar conflictos internos. De feito hai moitos alcaldes socialistas que se están a separar das siglas porque as siglas non lle favorecen. E o BNG estaba moi crecido como sacou bos resultados nas Autonómicas, pensaba que nas Municipais ía ser igual, e o que estamos a ver é que a tendencia non é esa, a tendencia e a de manterse e en moitos casos a baixar.

Paula Prado
Paula Prado

Como ve a Borja Verea, candidato do PP á alcaldía de Santiago? Considera que é unha alternativa clara a un tripartito?

Sí. Santiago é unha cidade que vota habitualmente ao Partido Popular. E a cidadanía está moi cansa da ineficacia, da inacción e da parálise que sofre a cidade. Un goberno que despois de catro anos non fixo nada na cidade. Bugallo é un alcalde que xa está moi desgastado, non ten ilusión, non ten proxecto para a cidade, non ten modelo de cidade… A diferencia de Borja, que presenta unha alternativa ilusionante, un proxecto gañador para a cidade, e o que é máis importante un modelo de cidade que é o que precisa Compostela. E iso creo que os santiagues o están vendo, e canto máis se coñece a Borja, máis se confía nel, e máis se confía no Partido Popular. En Santiago, non teño ningunha dúbida, imos gañar as eleccións.

Ferrol é unha cidade que esmorece, que ten moitísimas oportunidades que explotar

En Ferrol, a situación é moi similar. Tamén se xoga un Goberno de José Manuel Rey ou un tripartito. Pensa que aos ferroláns iríalles mellor cun Goberno do PP que cun tripartito?

Ferrol é unha cidade que esmorece, que ten moitísimas oportunidades que explotar. Unha cidade na que o Goberno actual non fixo tampouco nada nestes catro anos, e José Manuel quedou nas últimas Municipais a un puñado de votos da maioría. Eu confío que os ferrolanos que no foron a votar no 2019 se den conta de que cometeron con erro de dar por feita unha alcaldía que non se logrou, e estou segura que nesta ocasión mobilizarase todo o voto do PP o vindeiro 28 de maio para conseguir que José Manuel recupere a alcaldía, e Ferrol teña un alcade do século XXI, que poña fin a parálise destes catro anos, e situar á cidade no lugar que se merece, situar Ferrol no século XXI.

Un dos partidos xudiciais máis importantes para a configuración da Deputación de Lugo é o de Chantada. Que lle diría aos votantes desta zona que aínda están indecisos?

 Eu lle diría que miraran cara aos representantes públicos do Partido Socialista. Alcaldes socialistas como o de Samos, ou concelleiros socialistas como o de urbanismo de Lugo que deron a espantada, e marcharon do Partido Socialista por dous motivos: o primeiro porque non se sentían identificados con este Partido Socialista, e segundo porque a Deputación de Lugo, gobernada polos socialistas, non atendeu as demandas dos concellos máis pequenos como o Concello de Samos, e como Samos hai moitos concellos en Lugo. A Deputación ten que estar para atender as demandas deses concellos pequenos, e o presidente da Deputación de Lugo converteu a institución nunha entidade para axudar aos seus amigos e as persoas afíns, e non para axudar aos concellos pequenos a avanzar e a ter máis oportunidades. Se os propios representantes públicos do Partido Socialista fuxen e critican a actuación da Deputación de Lugo nestes catro anos, eu creo que os cidadáns teñen que mirarse nese espello, e valorar que para que a Deputación mire por todos os concellos, sen ter en conta a cor política que os goberna, ten que estar gobernada polo Partido Popular que ademais buscará solucións para as necesidades de todos eses concellos pequenos. Porque para iso está a Deputación, e non para atender a intereses partidistas como está a facer o señor Tomé.

A Xunta traballa para os galegos e as galegas, e nós temos que defender os intereses dos galegos porque o Goberno de España está atacando sempre a Galicia

Socialistas e nacionalistas denunciaron no Parlamento que a Xunta non facía un reparto xusto e equitativo dos cartos nos concellos. Considera que dende as Deputacións gobernadas polo PSdeG e polo BNG se fai un reparto xusto?

Para os seus si que reparten ben os cartos, e a Xunta de Galicia ten demostrado que as subvencións son totalmente abertas, calquera concello pódese presentar. O Fondo de Cooperación Local é un exemplo de reparto equitativo para os concellos de Galicia. Un Fondo que blindou o Partido Popular para que todos os concellos teñan unha aportación anual da Xunta de Galicia. E iso, nas deputacións gobernadas polos socialistas e os nacionalistas pois non o fixeron. Só hai que ver como a de Pontevedra ao concello que máis cartos lle da é a Vigo, a cidade máis grande de Galicia. As deputacións non están para atender só ás cidades, que tamén, pero as deputacións nacen para atender aos concellos máis pequenos con máis necesidades e menos finaciamento.

 O Consello da Xunta aprobou hai pouco a Lei do Litoral, e o secretario de estado de Medio Ambiente veu dicir que era unha declaración de independencia. O Goberno do Partido Popular é independentista?

A Xunta traballa para os galegos e as galegas, e nós temos que defender os intereses dos galegos porque o Goberno de España está atacando sempre a Galicia e poñéndose de costas a Galicia. Nós o que facemos coa Lei do Litoral e poñer por enriba de todo á industria instalada na costa e que se está a ver perxudicada por decisións que se están a tomar dende Madrid, e o que pretendemos é que o noso litoral se xestione dende máis cerca, coñecendo a idiosincrasia e os problemas que hai. A lei o que vai favorecer e que non se poñan en perigo os postos de traballo que dependen da cadéa mar-industria, xa que coa lexislación que están deseñando nun despacho de Madrid, moitas destas empresas terían que pechar. Non pedimos máis que outros, pero tampouco queremos menos, e se outras comunidades poden xentionar o seu litoral, non entendemos por que o Goberno de España non deixa que Galicia xestione o seu litoral. E polo tanto, a Lei do Litoral o que fai é protexer as nosas costas dunha lexislación lesiva, interesada e partidista do Goberno de España para perxudicar a Galicia. 

Lamentamos que o Goberno teña castigada a Galicia

Os fondos Next Generation, que os hai, máis non se ven na realidade, serían fundamentais para asentar industria en Galicia. Semella que na Comunidade determinados proxectos, como o de Altri que permitiría o desenvolvemento industrial dunha comarca do interior, non queren saír máis si o fan noutras comunidades, que si reciben estes fondos. Que está a suceder con estas achegas?

 É o de sempre, que Pedro Sánchez goberna secuestrado polos independentistas cataláns, e eses si son independentistas, condenados con sentencia firme. E semella que a Pedro Sánchez interésalle máis antender ás demandas dos independentistas que ás de Galicia, para dicir logo que Galicia vai mal porque está mal xestionada polo Partido Popular. Nós o que lle pedimos ao Goberno de España é que desbloquee ese fondos que non faga reparto interesado dende Madrid senón que faga unha cogobernanza coas CCAA, neste caso que colabore coa de Galicia que permita que eses fondos cheguen realmente a materializar na industria. Porque a industria o que fai e xerar emprego, e Altri, en concreto, sería un motor de xeración de emprego moi potentísimo nunha comarca moi importante do interior que conforman Palas de Rei, Melide e Arzúa. E non é razoable que o Goberno esté a bloquear os fondos e evitando que se desenvolva esa industria. Lamentamos que o Goberno teña castigada a Galicia con decisións deste tipo, poñendo en risco miles de postos de traballo.

O PP posicionouse na UE a favor do sector do palangre, e semella que o Goberno de España os deixou un pouco tirados. Que lle diría á xente do mar neste sentido?

- Diríalle que teñen que mirar o que está a facer o Partido Popular por eles que é apoialos e adoptar todas as medidas que se poden realizar para evitar que esa decisión perxudique, como ten perxudicado, ao sector do palangre, e que miren o que están a facer o Partido Socialista e o BNG. Porque, por exemplo, os nacionalistas din unha cousa coa boca pequena, e logo en Europa están no grupo dos Verdes que son os que realmente promoveron esta medida baseandose nunha filosofía de ecoloxismo radical. E entendemos que o ecoloxismo radical non pode estar por enriba do sector primario, nin perxudicando á pesca, ou como vemos noutros casos, á gandaría ou á agricultura. Nese sentido nós sempre nos imos poñer do lado dos mariñeiros e dos traballadores do mar.

 De noite a mañá atopámonos con que van instalar eólicos nas costas galegas, sen tan sequera unha negociación co Goberno da Xunta. Que pensa que vai acontecer aí?

O Goberno de España, como sempre, utiliza unha política de ordeno e mando sen consensuar as decisións que adopta e que poden perxudicar a sectores determinados. E nós dende o Partido Popular, e dende a Xunta de Galicia, lóxicamente estamos a favor da eólica que é unha oportunidade importante no cremento no eido da enerxía renovable. Enerxías renovables vencelladas a proxectos empresariais que xerán emprego, por exemplo na zona da Mariña a eólica vinculada a Alcoa, coa implicación que ten eso de postos de traballo e de actividade económica nunha zona tan importante como é esta do norte de Lugo. O que se fai é buscar un equilibrio entre a produción industrial e as enerxías renovables, coa instalación deses parques sen perxudicar á actividade marisqueira e de pesca. Hai que buscar un equilibrio. E dende o Partido Popular apostamos por ese equilibrio, pero buscando un impulso da industria e as oportunidades que nos dan as enerxías renovables.