Venres. 26.04.2024

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, e a alcaldesa de Trazo, Josefina visitaron o núcleo do Castelo para informar que a Xunta e o Goberno local colaborarán para levar a cabo a execución da rede de pluviais, sumidoiros e caces, así como a reparación do camiño en Aldea do Castelo.

Estas obras terán un custe de 67.666 euros, dos cales a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, aportará o 70% do investimento, un total de máis de 47.000 euros.

O obxecto da actuación consistirán na canalización das cunetas existentes, a execución de pozos de rexistro e sumidoiros, a roza da vexetación, a reposición dos servizos afectados e o no aglomerado dunha capa de rodadura en toda a superficie do Camiño.

As obras levaranse a cabo en terreo municipal polo que non serán necesarias expropiacións.

Trenor explicou que este investimento encádrase dentro da orde de subvencións destinadas á creación ou mellora de infraestruturas nos concellos de Galicia con menos de 20.000 habitantes correspondente a este ano 2021.

O delegado da Xunta subliñou o compromiso da Xunta á hora de brindar apoio aos concellos co fin de promover actuacións que, coma esta, contribúan a dinamizar as vilas galegas e melloren a calidade de vida dos seus veciños.

Neste sentido, cómpre lembrar que nos orzamentos deste ano a Consellería de Medio Ambiente reservou máis de 7,4 millóns de euros para executar actuacións en colaboración cos concellos dirixidas tanto a habilitar ou reformar equipamentos municipais, como a humanizar e poñer en valor as contornas urbanas.