Luns. 29.04.2024

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia rematou as obras de rehabilitación e ensanche da ponte sobre o río Cabalar, no Concello de Vilasantar. A intervención enmarcouse dentro do Programa de Infraestruturas Rurais, que busca facilitar e mellorar as condicións de vida da veciñanza. Deste xeito, a administración autonómica investiu 78.707,78 euros na rehabilitación da ponte que une os lugares de Fraga e Paizás.

Co remate das obras, o municipio recuperou o tráfico nun tramo da AC-840 pechado dende agosto de 2023 por mor das intervencións na infraestrutura. Ditas actuacións consistiron na actualización dos 19 metros da ponte, ancheando a plataforma ata os 5 metros para permitir a mobilidade da veciñanza dun xeito seguro.