Xoves. 25.04.2024

O piloto asturiano, estreando sobre terra o seu novo Skoda Fabia RS Rally2 marcou a pauta no tramo de cualificación que lle permitirá escoller en primeiro lugar a súa posición de saída para mañá. Suárez, copilotado por Alberto Iglesias, avantaxou en 4,1 segundos a Álex Villanueva – José Murado e en 4,5 segundo ao primeiro dos vehículos N5 e á vez ao primeiro dos moitos equipos foráneos da proba, a dupla lituana formada por Martynas Samsonas e Justas Viciunas.

Pola súa banda, a outra cara da moeda viviuna un dos favoritos á vitoria mañá como é o piloto de Cambre Iván Ares, que se saía no tramo de cualificación e hipotecaba parte das súas opcións ao triunfo tendo que escoller un dos peores lugares de saída para mañá a pesar de portar o dorsal 1.

No que respecta ao shakedown e as copas de promoción, o portugués Ricardo Costa foi o máis rápido na Toyota Gazoo Racing Iberian Cup, por diante do actual líder da monomarca, Sergi Francolí. No Clio Trophy Spain Terra, que debuta nesta cita, o catalán Ramón Cornet marcou a referencia por diante do actual campión da copa na súa versión de asfalto, o valenciano Miguel García. Juan Gradua, pola súa banda, levou o mellor tempo na Copa Kobe Motor que se disputa cos Toyota Aygo.

A verdadeira acción comezará mañá a partir das 08:18, con catro especiais a dobre pasada que percorrerán gran parte da Comarca de Ordes.

Clasificación Tramo de Calificación:

  1. José Antonio Suárez – Alberto Iglesias (Skoda Fabia RS Rally2) 2:23,3
  2. Álex Villanueva – José Murado (Skoda Fabia Rally2 Evo) +4,1
  3. Martynas Samsonas – Justas Viciunas (Nissan Micra N5) +4,5
  4. Joan Vinyes – Jordi Mercader (Hyundai i20 N Rally2) +5,1
  5. Eduard Pons – Carlos del Barrio (Skoda Fabia Rally2 Evo) +5,8