Martes. 23.04.2024

Máis de 400 participantes na xornada do cross de Santiso que se celebrou despois de 27 anos. Esta proba, cuxa posta en marcha correu a cargo do equipo directivo do colexio de Visantoña no ano 1986, volveu celebrarse.

A carreira gañouna Julio Vázquez, do clube de atletismo de Boimorto, o segundo posto foi para José Penas, veciño de Santiso e o terceiro para David Pájaro de Melide. Ámbolos dous membros do clube deportivo Cerne Melide.