Xoves. 25.04.2024

O encontro de fútbol sala entre os equipos formados polos políticos locais e polas caras coñecidas da Televisión de Galicia puxo o broche, o pasado 9 de outubro, á primeira Semana Solidaria organizada polo Concello de Oroso e que consegiu reunir preto de 1.000 quilogramos de alimentos. Agora, nas próximas datas o departamento de Servicios Socias municipais os distribuirá entre as familias con menos recursos.

O pavillón de Sigüeiro acolleu o partido que contou con máis de 200 seguidores nas gradas, que estivo marcado polo humor e que se decantou para o equipo da TVG por un resultado de 9-3, no que marcaron os goles, polo equipo vencedor: Federico Pérez (3), Adrián Díaz (2), Terio Carrera (2), Xosé A. Touriñán (1) e Fran Cañotas (1), mentres que pola formación dos políticos locais marcaron Luis Rey, Fernando Gutiérrez e Jonatan Rey. Non houbo que lamentar lesións, nin foi necesaria a intervención da fisioterapeuta Begoña Alonso, que tamén colaborou solidariamente coa iniciativa.

Ademais destes preto de 1.000 kg de alimentos, durante a I Semana Solidaria de Oroso tamén recadáronse fondos para a Asociación de Nenas e Nenos Oncolóxicos de Galicia coa organización dunha Andaina o domingo 2 de outubro, cando arrincou esta iniciativa do Concello. O martes 4 de outubro foi a quenda da charla ofrecida polo xornalista Alfonso Pérez e do produtor de televisión Ramón Castaño sobre o seu periplo por Polonia para traer a España mulleres refuxiadas ucraínas. O xoves, desde o Concello promoveuse a doación de sangue na unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, e o venres recolléronse polo municipio bicicletas usadas para ofrecerllas ao colectivo Recyling, que se encarga de arranxalas e mandarllas ás familias de países africanos con menos recursos.