Venres. 31.03.2023

A segunda Andaina Montes de Bocelo levou aos seus participantes ao ‘teito da Coruña’

Participantes na Andaina polos montes de Bocelo
Participantes na Andaina polos montes de Bocelo

Os Concellos de Toques e Melide organizaron o pasado día 12 de outubro a segunda edición da Andaina Montes de Bocelo, unha iniciativa de ambos municipios na que colabora a Asociación Deportiva Cerne.

A adaina tivo como percorrido unha ruta de sendeirismo polo Coto do Pilar, denominado o teito da Coruña, e que une ambos concellos. Os andariegos partiron ás 9.30 horas desde Toques e Melide, e cada un dos grupos percorreu o traxecto correspondente ata o Coto do Pilar, con 8,6 e 10,8 quilómetros respectivamente, ata coroar o punto máis alto da provincia con 803 metros sobre o nivel do mar. Os que así o decidiron regresaron en bus ao punto de partida, mentres o resto voltou de novo camiñando, completando un percorrido total de 20 quilómetros.

comentarios