Venres. 26.04.2024

A dupla asturiana mostrouse como sólida candidata ao triunfo na Comarca de Ordes, marcando todos os scratchs da matinal e alcanzando case o minuto de vantaxe fronte aos galegos Iván Ares e José Pintor, que complicaron as súas opcións no día de onte tras saírse no tramo de cualificación, que lles obrigou a abrir pista no día de hoxe.

¨Cohete¨Suárez e Alberto Iglesias
¨Cohete¨Suárez e Alberto Iglesias

O último banzo do podio é para Manuel Osorio e Alberto Dous Reis, que están a ser unha das revelacións da proba manténdose por diante de varios dos habituais da Copa de España de Terra, caso de Xavier Vidales ou Eduard Pons (que sufría unha picada), mentres que outros como *Álex Villanueva, Oriol Gómez e Juan Pablo Castro tiveron menos sorte despois de saírse de pista en meta da segunda especial, abandonando os tres.

Mesturados no medio do top 10 atópanse os protagonistas da primeira das copas de promoción cun Dani Berdomás que aguanta o liderado da Toyota Gazoo Iberian Cup mirando de esguello ao mundialista Bruno Bulacia. Ramón Cornet asaltou o liderado do Clio Trophy Spain Terra, avantaxando en 3,9 segundos ao debutante sobre esta superficie e vixente campión da versión de asfalto, Miguel García. O novísimo catalán de só 15 anos Gil Membrado comanda as dúas rodas motrices cun só segundo sobre o local Santi García, mentres na cuarta posición desta categoría, Iván Areas comanda o Desafío Kumho. En canto á Copa Kobe Motor, Francisco Puertas ostenta máis de medio minuto de vantaxe co seu pequeno Toyota Aygo.

Clasificación general tras TC4

  1. José Antonio Suárez – Alberto Iglesias (Skoda Fabia RS Rally2) 32:11,7
  2. Iván Ares – José Pintor (Hyundai i20 Rally2) +56,0
  3. Manuel Osorio – Alberto Dos Reis (Skoda Fabia R5) +2:09,9
  4. Xavier Vidales – Jordi Hereu (Skoda Fabia R5) +2:17,8
  5. Daniel Berdomás – Brais Mirón (Toyota GR Yaris) +2:22,9