Domingo. 28.04.2024

Máis de 1400 nenos e nenas da comarca compostelá participaron, o pasado 2 de decemebro, na fase zonal do campionato galego de campo a través, individual e por equipos, que forma parte do programa Xogade da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, que se disputou na área recreativa da Madalena en Arca, no Pino, e desenvolveuse nas categorías dende alevíns ata cadetes. 

O CPI Camiño de Santiago, do Concello do Pino (organizador da proba), consegiu un total de cinco podios, destacando os atletas locais Xoel Orero e Martín Pazos, acadando o primeiro a victoria na categoría infantil masculina sobre unha distancia de 1500 metros, mentres que o seu compañeiro Pazos rematou na segunda posición na proba benxamín masculina.

20231201_Pino_campionato_comarcal_Cross_Escolar-7
Un momento da proba disputada na área recreativa da Madalena en Arca

A participación dun total de 135 atletas do Pino, e os bos resultados conseguidos, propiciou que nas clasificacións finais por equipos, o CPI Camiño de Santiago acadara cinco podios, finalizando segundas nas categorías benxamín e cadete femininas, e terceiros na benxamín, infantil e cadete masculina.

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, e os concelleiros Borja Castro, Eva Varela e José Manuel Carreira foron os encargados de entregar os trofeos e as medallas aos atletas e equipos gañadores.