Domingo. 28.04.2024

A alcaldesa do Concello de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, recibiron na casa consistorial ao naronés Iago Fuertes, que recentemente proclamouse campión do mundo de pádel coa selección española da especialidade nas categorías de base.

O deportista, que milita no Club Pádel San Mateo, viaxou recentemente á cidade paraguaia de Asunción na que se disputou o campionato do mundo, unha experiencia que explicou nunha conversa coa rexedora e o edil, aos que lles confesou que "aínda estou en Paraguai", y explicou que xa se está a preparar o Campionato Galego sénior absoluto que se disputa a vindeira fin de semana en Vigo.

Fuertes disputou tamén en Asunción o Open Infantil, rematando no segundo posto, xunto ao seu compeñeiro habitual nas competicións, Hugo Estebanez. Unha indisposición deste último impediu que o binomio disputase a final na categoría Sub14. 

Ademais do seu exito na cita mundial, o naronés conta no seu palmarés cinco campionatos galegos en diferentes categorías, campión de España por equipos, campión do Máster Nacional; subcampión de Europa Sub12, campión do recente Máster Nacional en Bembibre e campión do Grand Slam de Cataluña o pasado ano.

Iago Fuertes tamén agradeceu a recepción no Concello e o recoñecemento que recibiu o pasado mes de novembro durante a Gala do Deporte de Narón, e conversou cos representantes municipais sobre a súa traxectoria e sobre os seus plans de futuro.

A rexedora, pola súa banda, dixo que "é un orgullo que un rapáz de Narón teña unha traxectoria coma a de Iago Fuertes, e na que acumula importantes galardóns aos que se suma agora nada menos que un campionato do mundo", destacou o feito de coa súa idade sexa xa todo un referente no mundo do deporte, e rematou a recepción entregándolle un agasallo institucional en recoñecemento aos seus logros.