Luns. 24.06.2024

Os días 9, 16, 23 e 30 de abril o Concello de Cabanas organiza catro roteiros que se desenvolverán pola contorna do municipio e dos cales, o último organizado polo departamento de Deportes, ten un carácter deportivo, mentres que os outros tres teñen un enfoque máis interpretativo e na súa organización colabora a Sociedade Galega de Historia Natural.

O útimo sábado de abril, o 30, terá lugar a primeira das rutas programadas polo departamento de Deportes dentro da campaña Pateando Cabanas e que ten un carácter deportivo. A cita terá a súa saída ás 9.30 horas desde a Igrexa de Regoela cun percorrido de 13 quilómetros, catro horas, dificultade media e 300 metros de desnivel. Os participantes realizarán o roteiro por Rogoela, Formariz (A Capela) e o río Belelle. Os interesados en participar deberán reservar a súa praza enviando un correo electrónico a [email protected] co nome completo, DNI, data de nacemento e teléfono de contacto antes do 26 de abril.

A finalidade dos roteiros interpretativos é a de dar a coñecer o patrimonio natural de Cabanas con cuatro percorridos por diferentes entornos. O primeiro será o costeiro, o sábado 9 de abril ás 10.00 horas de 5Qm de dificultade baixa e axeitado para as familias. Séguelle o entorno do Pico Castro, de 8 quilómetros de dificultade media o sábado 19 de abril (10.00 horas), e pecha o ciclo o roteiro do entorno das Fragas do Eume con 12 quilómetros de distancia e de dificultade media-alta (09.00 horas). 

Aqueles que queiran participar nalgún destes roteiros interpretativos deben reservar praza enviando un correo electrónico a [email protected], indicando o seu nome completo, DNI, data de nacemento e teléfono de contacto ou ben chamando ao 637 559 873.