Xoves. 25.04.2024

O ximnasio municipal do Forte, no Concello de Boqueixón, vén de abrir as súas portas á veciñanza despois de acometer as obras de mellora e renovación das instalacións deportivas durante as últimas semanas. Gracias a estes traballos o ximnasio municipal contará cunha nova sala de adestramento funcional e cun novo e renovado sistema de acceso ás instalacións.

Manuel Fernández Munín, alcalde de Boqueixón, explicou que a sala de adestramento funcional “conta cun novo equipamento que permitirá á veciñanza facer exercicios que traballan os grupos musculares de xeito global e que son moi beneficiosos no adestramento enfocado á saúde”. Asemade, destacou a instalación do novo, moderno e sinxelo sistema de acceso ás instalacións deportivas, e cada usuario contará cun código personalizado de entrada.

O Concello de Boqueixón organizou ademais unha xornada de portas abertas para que o mesmos veciños coñeceran de primeira man as renovadas instalacións, e para que poidan resolver todas as dúbidas que puideran xurdirlles.

Ademais, o Concello apliou o horario engadindo as mañás dos sábados de 10.00 a 14.00 horas e aumentando en tres horas e media a apertura do ximnasio de luns a venres de 9.00 a 22.30 horas de forma non interrompida. O abono do ximnasio municipal ten un custo de 20 euros ao mes e as persoas interesadas en anotarse debe dirixirse ao departamento de Deportes do Concello chamando ao número 981 513 061 ou ben a través do mail [email protected].

O Concello tamén informou do comezo das actividades deportivas para adultos, nas que participan un total de 177 persoas, nunha oferta que inclúe pilates, zumba, baioloterapia e ximnasia de maiores, e que se desenvolven de outubro a xuño de 2023.