Martes. 29.11.2022
O Concello instalou desfibriladores no pavillón, no ximnasio e no campo de fútbol

Os espazos deportivos de San Sadurniño xa están cardioprotexidos

Un dos desfibriladores instalados polo Concello
Un dos desfibriladores instalados polo Concello

O pavillón municipal, o ximnasio, o campo de fútbol de Currás e o CPI de San Sadurniño xa son espacios cardioprotexidos despois de que o Concello instalase desfibriladores portátiles nestes espazos para a recuperación no caso de sufrir unha parada cardíaca.

A instalación destes desfibriladores supuxo un investimento de algo máis de 2.600 euros. Ademáis, o responsable do ximnasio municipal, membros do Aldebarán, do Club de Fútbol San Sadurniño e da Escola de fútbol Irmandiños xa recibiron a formación sobre como manexar os desfibriladores e sobre como facer correctamente as manobras RCP que cómpre poñer en práctica de maneira combinada coa utilización do desfibrilador.

Tamén se lle dará un pequeno curso á UDC Naraío e a persoal vencellado ao colexio, insistindo en que o emprego dos desfibriladores é a última opción á que se debe recorrer, xa que ante unha emerxencia médica o primeiro sempre é chamar ao 061.

A razón de dotar destes aparellos ás instalacións municipais e deportivas, así como no colexio e na área recreativa da piscina, é que estén preparadas ante calquera eventualidade que requira o seu uso, por ser nelas onde se concentra un maior número de persoas facendo actividade física.

comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade