Mércores. 08.05.2024

A quinta edición do Trail Montes de Couzadoiro, organizado polo Concello de Ortigueira, a Peña Ciclista Santa Marta e a Asociación de Veciños de Couzadoiro, foi todo un éxito marcando un nuevo récord de participación con un total de 400 deportistas inscritos nas tres distancias nas que se disputou a proba: Trail, Minitrail e Andaina, e que se disputou o pasado domingo 6 de marzo.

Óscar Fernández (Club Gallaecia Trail) e María López (Independente) foron os gañadores do Trail Longo (24Qm) na categoría absoluta, completando o esixente percorrido con 02:29:37 e 05:44:49 horas, respectivamente. Xosé Manuel Meizoso (Club Montaña O Caxado) e Lorena Rodríguez (Pulpeiros Mugardos) fixeron o propio na categoría de veteráns parando o crono en 02:39:57 e 04:24:54 horas, respectivamente.

Na modalidade de Minitrail (12Qm), o triunfo na categoría absoluta fue para José Santiago (Os Corzos de Ortegal) e para Miriam Tojeiro (Independiente) que atravesaron a liña de meta con un tempo de 01:35:54 e 01:09:57 horas, respectivamente. Edu Pinedo (Traileros Toxos & Birras) e a atleta independiente Vanesa Sánchez se subiron ao máis alto do podio na categoría de veteráns con 01:39:48 e 02:23:29 horas, respectivamente.

Trala entrega de trofeos e premios, a organización destacou o récord de participación nunha proba que se está a converter nun clásico do Trail galego, que ofrece o gran atractivo natural dos Montes de Couzadoiro como escenario, e uns percorridos moi esixentes.