Venres. 19.04.2024

O pleno municipal de Frades aprobou os Orzamentos para 2021, que ascenden a 2.467.645,46 euros e que “garanten a eficacia na xestión, o equilibro de contas, o pago a provedores e incrementan a inversión en obras e en servizos sociais a través das achegas á Mancomunidade de Ordes”, segundo explicou Roberto Rey Martínez, alcalde de Frades. Unhas contas que saíron adiante cos 7 votos a favor do Grupo de Goberno do PP e as 4 abstencións de PSOE e BNG.

Os orzamentos do Concello de Frades para 2021 preséntanse equilibrados e ascenden a 2.467.645,46 euros, un 15,94% máis ca en 2020 (2.135.721,06 €). Dúas das partidas que máis medran con respecto ao ano anterior son as destinadas a gasto social (+54,56%) e investimentos reais (+37,41%). Así, o alcalde sinalou que “este ano aumentaremos as axudas ás asociacións sen ánimo de lucro no municipio, as achegas á Mancomunidade de Ordes para a prestación dos servizos sociais así como as achegas para participar nun novo obradoiro de emprego e para financiar a achega municipal a un segundo plan PEL-Reactiva de axuda a microempresas e persoas autónomas. Unha achegas que se poden aumentar dependendo da evolución da pandemia”.

Así, o Concello de Frades destinará 300.289,9 euros á Mancomunidade de Ordes para o financiamento do servizo de axuda a domicilio, nas modalidades de libre concorrencia como de dependencia, atención temperá, igualdade, CIM, traballo social… Así mesmo, súmanse os 112.502,68 euros do POS+ Adicional destinado a financiar gastos sociais extraordinarios como medidas de atención a persoas especialmente vulnerables, eliminación de barreiras arquitectónicas no interior dos fogares e adaptación funcional das vivendas de persoas vulnerables.

Unhas achegas ás que haberá que sumar tamén a partida correspondente a gastos sociais do capítulo II de gasto corrente, que medra un 2,76% ata os 995.011,66 euros e que, ademais dos tradicionais investimentos en mantemento do alumeado público, saneamento e abastecemento de auga, recollida de lixo e limpeza viaria, inclúe tamén o financiamento dos Servizos Sociais de Frades, entre os que se inclúen fisioterapia, podoloxía e perruquería gratuíta a domicilio para as persoas maiores e dependentes.

MEDRA A INVERSIÓN SOCIAL

As contas de 2021 inclúen tamén 851.824,87 euros para investimentos reais, unha partida que medra un 37,41% con respecto a 2020 e que representa o 34,51% do orzamento. Ademais de cubrir as tradicionais subvencións que se reciben anualmente (turismo, fondo de compensación ambiental, Plan Hurbe, Plan de Camiños Rurais ou do IDAE para o cambio de alumeado público a tecnoloxía LED), este ano destaca unha partida de 350.000 euros para a construción do centro sociocomunitario de Ponte Carreira.

Este centro sociocomunitario é froito dun convenio asinado entre o Concello de Frades e a Consellería de Política Social, que achegará 200.000 euros a un proxecto que dará servizo a todos os veciños e veciñas do municipio, pero que prestará especial atención ás persoas