Venres. 26.04.2024

A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa, AECA, vén de retirerar ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a necesidade do arranxo da N-547 ao seu paso polo municipio.

No escrito que fixeron chegar ao Ministerio solicitan que “se leven a cabo urxentemente as obras dun pavimento novo, xa que os traballos de rehabilitación do firme executados en marzo de 2021 non supuxeron ningunha solución. A estrada N-547 ao longo de todo o casco urbán da vila precisa dunha actuación integral cun novo asfaltado, xa que Arzúa está a soportar un intenso tráfico de vehículos de gran tonelaxe, e a cada paso o pavimento está máis intransitable; con inumerables grietas e interminables fochancas, que deterioran os vehículos e poñen en perigo a seguridade viaria”.

Ao mesmo tempo, engade que “os danos incluso están chegando a edificios colindantes á estrada, xa que algunhas vivendas presentan grietas a causa das vibracións provocadas polo tránsito dos vehículos polo pavimento en mal estado. Ademáis a actividade hostaleira e comercial da Avenida de Lugo tamén se está vendo moi afectada pola situación. Terrazas e escaparates acaban cheos de salpicaduras de suciedade que dañan a imaxe dos establecementos, o cal está a perxudicar económicamente a moitos dos nosos asociados”.

AECA fala de “indignación dos socios e do pobo en xeral” e por iso que solicitaron ao Ministerio que a súa petición sexa atendida coa “maior celeridade posible”.