Venres. 26.04.2024

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, avaliaron vías de colaboración para avanzar en proxectos de interese para o concello, como a ampliación da residencia da terceira idade ou a rehabilitación da Telleira da Baiuca para facer un albergue.

No que se refire á residencia da terceira idade, valoraron estudar a ampliación da instalación ata as 20 prazas e, deste xeito, procurar un equilibrio entre ingresos e gastos, coa intención de intentar reducir o déficit actual. Sobre a rehabilitación da Telleira da Baiuca, o presidente e a alcaldesa abordaron a posibilidade de rehabilitar este conxunto industrial para convertelo nun albergue, tendo que conta que se trata dun dos poucos conxuntos fabrís que se conservan como exemplo do desenvolvemento industrial de Galicia. O edificio do albergue actual cederíase ao concello.