Sábado. 27.04.2024

A Asociación de Persoas con Discapacidade e Apoio á Integración das comarcas de Arzúa e Terra de Melide (AMARAI) retomou con éxito a organización da tradicional Xornada Ecuestre, que regresa ao calendario despois da súa cancelación no 2020 e 2021 por mor da pandemia, e que contou con preto de 200 participantes, das diferentes asociacións da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), nesta a súa cuarta edición. A iniciativa consiste nunha xornada de convivencia entre os usuarios das asociacións e os cabalos, cunha programación de actividades ao longo do día vencellada ao mundo ecuestre.

Centro Ecuestre Marco das Pías, de Sobrado dos Monxes, acolleu o pasado venres 30 de setembro a xornada que comezou ás 11:00 horas con diferentes actividades, polas que ían rotando os grupos, como un obradoiro de chapas, photocall, taller de coidado de cabalos, un labirinto que tiñan que resolver á lombo do cabalo, entre outras. 

Tralo xantar, Lara, traballadora do centro ecuestre que todos os luns temén axuda nas xornadas de hipoterapia aos usuarios de AMARAI, foi obsequiada con direfentes agasallos elaborados nos obradoiros do Centro de Recursos da asociación polos usuarios do centro ocupacional, e que foi un detalle e o agradecemento ao seu labor e á súa implicación.

Lara, traballadora do centro ecuestre, recibindo os agasallos dos usuarios de AMA
Lara, traballadora do centro ecuestre, recibindo os agasallos

Esta cuarta edición da Xornada Ecuestre rematou cunha exhibición Maxi-Mini a cargo dos profesionais ddo deporte hípico, desde AMARAI mostraron o seu agradecemento á participación e á boa acollida que tivo a recuperación desta xornada de convivencia por parte de todos os compañeiros de COGAMI.