Venres. 26.04.2024

Dalia García, portavoz popular en Melide xunto con outros compañeiros de partido achegáronse ata Piñor xunto con José Manuel Maneiro, xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente. Na xuntanza conversaron coa veciñanza sobre os instrumentos máis idóneos para a organización do territorio.

“Sabemos que unha organización da terra práctica e últil supón riqueza e asentamento de poboación no rural, así o experimentamos noutras zonas de Melide, onde hai anos que a terra está concentrada, como por exemplo, Maceda-Orois” sinalou a portavoz melidense, Dalia García.

O xefe territorial de Medio Rural expuxo diversas ferramentas de ordenación do territorio: a concentración pública, a concentración privada e por último os polígonos agroforestais que dixo “ser unha ferramenta atractiva para esta zona de Melide”.