Venres. 26.04.2024

O deputado de Vías e Obras da Deputación da Coruña, José Manuel Pequeño xunto con persoal da institución provincual visitou esta mañá o Concello de Boimorto onde foi recibido pola alcaldesa de vila María Jesús novo e por membros do seu equipo de goberno.

Durante esta visita, Pequeño e Novo visitaron a senda que une O Pedral coa residencia municipal. Trátase dunha actuación de mellora moi demandada pola veciñanza e que xa o Concello ten á disposición da Deputación os terreos que cederon os propietarios para tal fin. O deputado provincial confirmoulle á rexedora que esta senda será unha realidade nos vindeiros meses.

Por outra banda tamén se achegaron ata a estrada DP-602 para coñecer de primeira man o estado no que se atopa esta vía, moi deteriorada polo paso do tempo.

A alcaldesa trasladoulle ao deputado as necesidades da vila en materia de infraestruturas para que coñeza cales son as demandas da veciñanza e as teña en conta á hora do reparto dos fondos provinciais cos concellos.