Venres. 26.04.2024

 O orzamento da área social da Deputación experimenta este ano unha importante suba do 137% “para non deixar a ninguén atrás na saída da crise”, segundo explica o presidente, Valentín González Formoso.

Os dous principais programas sociais da Deputación, o Fondo Social do Plan Único e o Plan de Servizos Sociais Comunitarios, suman este ano un investimento de 6,2 millóns de euros na comarca de Compostela, que se destinarán a contratación de persoal especializado en asuntos sociais, axudas a familias con escasos recursos, programas de conciliación ou respiro familiar ou financiamento dos servizos de axuda no fogar (SAF) dos concellos.

SAF, SERVIZO ESENCIAL PARA MAIORES E DEPENDENTES

González Formoso destacou que os SAF “son un servizo esencial para garantir a atención aos maiores e dependentes nos concellos máis pequenos” e explicou que o apoio da Deputación permite aos municipios da provincia financiar 368.548 horas de axuda de fogar, 77.000 máis que o ano pasado”.

No caso da comarca de Santiago, a Deputación financia este ano 88.688 horas de axuda no fogar e contrata a 50 profesionais, entre persoal técnico e administrativo, que traballará exclusivamente nas áreas Benestar Social dos municipios da zona.

CONCELLOS BISBARRA

Así, para os concellos de Bisbarra, destinaranse 55.000 euros para Arzúa, 58.240 euros para o Concello de A Baña, 74.164 euros para Boimorto, 58.396 euros para Boqueixón, 62.000 euros para Brión, 100.480 euros en Dodro, 54.560 para Frades, 131.716 euros para Melide, 74.056 correspóndenlle a Ordes, 106.000 euros a Oroso, 61.136 euros a O Pino, 104.520 a Santa Comba, 58.000 ao Concello de Santiso, 114.160 euros a Teo, 64.214 euros a Toques, 55.600 euros a Tordoia, 76.000 para Touro e 82.000 euros para Trazo.