Venres. 26.04.2024

A responsable de Política Municipal do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo reuníuse cos representantes municipais no Concello de Frades, Enrique Astray, José Luis Pereira e Aurelio Garea para denunciar “a intención do goberno de Núñez Feijóo de pechar o servizo médico na parroquia de Abellá”, o segundo núcleo de poboación do concello de Frades, un concello rural con 2.302 habitantes dos que o 32% teñen máis de 65 anos.

Polo que os representantes municipais do PsdeG manifestaron o seu malestar co trato recibido por este concello por parte do goberno galego, xa que din que “nos últimos anos non ten invertido nin un só euro e pretende desmantelar os poucos servizos públicos de competencia autonómica cos que conta, contando co silencio cómplice do goberno municipal de Frades”.