Sábado. 27.04.2024

A Consellería de Medio Ambiente vén de confirmar a forte sanción imposta ao Concello de Melide de 78.000 euros pola comisión de dúas infraccións graves tipificadas na Lei de Patrimonio Natural de Galicia. Todo esto despois de rexeitar a recusación feita polo Concello contra a conselleira Ángeles Vázquez, que fundamentaba a súa oposición á sanción en que "a Consellería non pode facer ningún control ambiental das actuacións realizadas no concello por ser tido a titular de Medio Ambiente alcaldesa de Melide noutras lexislaturas".

A sanción imposta responde ás infraccións graves do Concello de Melide pola apertura de gabias que modificaron as canles de regadío existentes e no depósito de escombros nunha parcela que forma parte da Rede Natura 2000 de Galicia e que ademais é da súa titularidade. 

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería ratificou a sanción e desestimou o recurso do Concello indicando que "un órgano só pode apartarse dun procedemento se está participando no mesmo", pero neste caso a titular de Medio Ambiente "non tivo intervención algunha, nin no procedemento sacionador, dado que é competencia da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, nin da desestimación por corresponder á Secretaría Xeral Técnica, tal e como establece a orde de competencias no DOG".

Ademais de lembrar que a titular da Consellería deixou de ser alcaldesa de Melide hai 6 anos e de que as conductas infractoras polas que se sanciona ao Concello producíronse hai menos de dous, o razonamento da desestimación do recurso, baseandose en distintas sentencias que sinalan a "inadmisibilidade" do mesmo ao "faltar indicios bastantes sobre a razoabilidade da súa tramitación". E conclúe sinalando que a petición do Concello de Melide "non pode ter outro fin que, cando menos, o de provocar dilacións no pagamento da sanción imposta, que a xurisprudencia considera contrarío á boa fe".