Sábado. 27.04.2024

A oficina rural sita no Concello de Ordes é unha das máis grandes e con maior importancia de toda Galiza. Así o salientou o conselleiro do Medio Rural, José González, durante a súa visita ao edificio integral. O representante autonómico desprazouse á oficina acompañado do secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, o alcalde de Ordes, José Luis Martínez, e rexedores dos concellos aos que dan servizo.

Así pois, estas instalacións abarcan o servizo ao propio Concello de Ordes e aos de Oroso, Trazo, Tordoia, Frades, Cerceda e Mesía. En canto á súa función, agrupan os servizos de agricultura, gandaría, planificación forestal e prevención e defensa contra os incendios.

Durante a súa visita, o conselleiro destacou a gran relevancia desta oficina rural, xa que os municipios aos que atende “son referentes no eido rural e máis especificamente no lácteo, xa que xuntos acumulan arredor do 11 % do leite que se produce en Galicia”.

Ademais, o titular de Medio Rural salientou a importancia de agrupar nunhas mesmas instalacións os diferentes servizos da Consellería. “O reagrupamento destas sedes da Consellería ten como obxectivo prestar os servizos á cidadanía dunha forma máis eficiente”, matizou.

Finalmente, González admitiu que este tipo de instalacións son a clave para dar servizo a agricultores e ganderos da comarca.