Sábado. 27.04.2024

Ata agora en Melide o espazo no que se limitaba o transito de vehículos, afectaba a Praza do Convento e parte da rúa do mesmo nome. Decisión que foi tomada en 2002, baixo acordo plenario, por unanimidade dos tres grupos políticos representados. E antes de ser aplicado en 2003, se escoitou os veciños. Das tres fases previstas, só se aplicou a primeira, que afectaba os espazos indicados, e quedaron sen aplicación as dúas fases seguintes atendendo a solicitude de comerciantes e residentes. Nesta ocasión os veciños, comerciantes ... e resto de afectados, teñen coñecemento polas redes e pola prensa da entrada de esta restrición. Fallan as formas, o procedemento utilizado e tamén falla o fondo, pois polo que se publica nas novas do Concello e na prensa, só afecta a certas rúas, coincidentes ca zona de bares de viños, e se deixa fora a rúa do Convento, que representa o espazo máis tradicional do comercio de Melide e a rúa do Camiño de Oviedo, tamén con varios establecementos comerciais. Bótase de menos plans de actuación para a dinamización da economía, medidas para favorecer a convivencia entre veciños e locais de ocio, melloras medioambientais, a participación cidadá, grupos políticos e axentes sociais

Dende o PARTIDO GALEGO DE MELIDE, considera, que a PEATONALIZACION DO CASCO VELLO DE MELIDE, dadas as implicacións técnicas, sociais, económicas, ... que supón a implantación de políticas de transito peonil en rúas e zonas urbanas consolidadas, como é o casco vello de Melide, transitado polo camiño francés a Santiago, e o camiño primitivo, e baixo a protección da Dirección Xeral de Patrimonio , de non facerse nun PMUS (Plan de Mobilidade Urbana Sostible), ao menos debe acometerse con unha metodoloxía que supoña:

1 - Establecer obxectivos a alcanzar.

2 - Implicación e coordinación de Concellerías que teñan responsabilidades en Mobilidade, Urbanismo, Comercio, Turismo, Medio Ambiente, Cultura e Participación Cidadá.

3 - Reunión técnicas de traballo de cada área.

4 - Reunión conxunta para posta en común das conclusións e propostas elaboradas por cada área, como paso previo a elaboración de borrador de “Regulamento de Mobilidade do casco vello de Melide”, que deberá contar con informes da Policía Local, do técnico de Urbanismo, dos técnicos Municipais, e Servizos Xurídicos.

5 - Presentación do documento elaborado aos cidadáns, negocios, empresas distribuidoras, taxistas, asociacións e grupos políticos.

6 - Celebración de talleres por parte da Concellaría de Participación Cidadá, donda as partes afectadas, poidan facer suxestións e alegacións.

7 - Elaboración de documento definitivo, tomando en consideración as propostas da Concellería de Participación Cidadá, en base as suxestións e alegacións realizadas polas partes afectadas.

8 - Obtención das correspondentes autorizacións dos organismos que teñan competencias.

9 – Elaboración de un Plan de Emerxencias para o casco vello de Melide, tendo en consideración as novas restricións e ocupacións de espazos públicos.

10 - Tramitación e aprobación do Regulamento e Plan de Emerxencias en Pleno da Corporación, tras paso previo pola comisión.

11 - Publicación no BOP, na que se contemple a entrada en vigor das novas normas.

12 - Implantación.