Venres. 26.04.2024

O PP de Melide vai solicitar o acceso ao expediente do Concello de Melide no que respecta a contratación de persoal deportivo toda vez que no BOP do 29 de abril do ano 2022 aparece que o Concello de Melide “Desistiu da solicitude”. Dalia García, a portavoz dos populares melidenses sinala que “esta é unha mostra máis da desidia que existe dentro do goberno bipartito de Pérez respecto dos intereses municipais; unha subvención que se solicita e xustifica por defecto dende hai máis dunha década agora pérdese tendo que facer fronte o Concello dos custos do persoal”.

O PP decidiu solicitar as causas e a audiencia do expediente na Deputación da Coruña toda vez que o goberno bipartito AM-PSOE ten “unha media de acceso aos expedientes de dous meses así como outros dous para obter copia dos mesmos, o que nunca pasou no Concello de Melide” di a portavoz dos populares melidenses. “Estamos estudando xurídicamente a falta de aplicación da lei de transparencia de Galicia que tamén engloba ás entidades locais e durante as próximas semanas iniciaremos accións ao respeto; a democracia entendida polo alcalde melidense perde toda a súa substancia” apunta a líder da formación popular.