Venres. 26.04.2024

O PP de Melide reclama “máis atención e coidado para os edificios municipais. Tantas reunións coa subdelegación do goberno para despois ter unha vixilancia nula nas instalacións municipais: a nave da feira é un botellodromo declarado”.

“Tanto o ex-edil do BNG que actualmente é tenente alcalde, Xosé Igrexas, como o tenente alcalde mellor pagado de Galicia, J.A. Prado (PSOE) formaban parte anteriormente da oposición municipal no período 2015-2019 e continuamente reclamaban máis presenza e seguridade no municipio; agora que grazas ao PP se proveeron as prazas de Policía Local resulta que lonxe de notarse non se coidan os inmobles municipais e prolifera o feísmo en cada edificio municipal, véxase o caso do Edificio Multiusos e do Palacio de Congresos” declara a portavoz popular, Dalia García.