Venres. 26.04.2024

O portavoz do Partido Popular no Concello de Oroso, Alexander Doval, puxo en cuestión a presencia de membros de Protección Civil na festa dos socialistas de Galicia celebrada na Área Recreativa da Penateixa.

Os populares cualificaron de “grave que o servicio de Protección Civil actúe nun acto privado como foi a festa do PSdG, moito máis se, iso supón deixar sen atender unha festa tan importante no municipio como é a de Senra”.

Neste sentido, o portavoz dos populares explicou que “dende a Comisión de Festas de Senra confirmaron que, semanas antes, solicitaron por escrito no Rexistro municipal a presencia de Protección Civil nos tres días que duraba a festa, ao igual que tiñan feito en outros anos”.

“A resposta do Goberno Local foi o silencio. Agora podemos entender os motivos de que os membros da Comisión de Festas non recibira ningún tipo de contestación porque xa tiñan previsto non mandar a ninguén de protección civil para poder cubrir a festa socialista”, apuntou Doval, que recordou que este “servicio ten unha subvención municipal de 60.000 euros”.