Sábado. 27.04.2024

O Concello de Ames vén de alegacións ante a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, sobre a liña de evacuación do parque eólico da Picota que discorre polos concellos de Ames, Mazaricos, Negreira, A Baña e Santiago de Compostela. As alegacións do Concello, que se suman ás presentadas de xeito persoal por moitos veciños e veciñas de Ames, constan de oito puntos e solicitan que se rexeite a continuación da tramitación do proxecto de liña aéreo-subterránea 220 Kv SET PE A Picota 220 Kv-DET colectora Nova, que pasa polos concellos anteriormente citados entre os que se atopa Ames.

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) o acordo para someter a información pública o proxecto Liña aéreo-subterránea 220 kV SET PE A Picota 220 kV – SET colectora Nova, que afecta aos concellos de Mazaricos, Negreira, A Baña, Ames e Santiago de Compostela. Dende o martes 23 de agosto e ata o luns 3 de outubro de 2022, o proxecto estivo en fase de envío de suxestións, achegas e opinións.

Fontes municipal lembran que o pasado 14 de setembro realizouse unha xuntanza informativa sobre a liña para parque eólico da Picota que atravesará os concellos de Mazaricos, Negreira, A Baña, Ames e Santiago de Compostela. Dita reunión informativa realizouse no local social de Tapia. Posteriormente púxose, a través da web municipal, dous modelos para presentar alegacións: un impreso para presentar alegacións de fincas particulares e outro impreso de alegacións xerais sobre a liña eólica.

O alcalde de Ames, Blas García, destaca que “tal e como informamos na xuntanza mantida cos veciños e veciñas afectadas, o Concello de Ames vai a estar do lado dos propietarios e imos a traballar para que esta liña afecte o mínimo posible ás propiedades. Desde o Concello de Ames queremos trasladar a nosa preocupación porque liñas deste estilo crucen de xeito indiscriminado o noso concello, xa que é zona de paso para Santiago, polo que loitaremos para que o noso ceo non quede cuberto de cableado eléctrico, e que se respecte o noso espazo, ademais de preservar a saúde da veciñanza amesá”.