Venres. 26.04.2024

O trío de Santiago de Compostela “Sr. Salvaje, convértese no gañador da 13ª Edición do Queixo Maquetón, o concurso para grupos noveis, relevando no posto aos bilbaínos Capitán Elefante, nunha edición que chegou a 22 bandas presentadas chegadas desde gran parte das comunidades do Estado.

Sr. Salvaxe é un proxecto formado por Guillermo Vistoso (guitarra e voz) Antón Torroncho (baixo) e Emilio Iniesta (batería) que xorde no verán de 2019. Rock& Roll tradicional, con toques hard que é fiel herdanza da bagaxe musical do país.

O xurado 2022 estivo composto por José Ramón Bernárdez, responsable do Concurso, Salvador García, Director de Emisións & Produción en Radio Vigo Grupo de Comunicación e responsable do Maketón de los 40Vigo, o grupo Capaitán elefante gañadores da 12ª edición e pola cantautora arzuá Aldara Gómez determinou despois dunha longa deliberación que esta banda novel santiaguesa fora finalmente a gañadora desta nova edición.