Luns. 29.04.2024

O Concello de Frades procederá á selección de tres persoas para os postos de peóns forestais financiados grazas ao PEL-Concellos, o programa de axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia da Coruña.

Neste caso, os tres contratos ofertados teñen unha duración de cinco meses a xornada completa de oito horas diarias. Para poder aplicar á oferta, as persoas deben estar en situación de desemprego e inscritas no Servizo Público de Emprego. Ademais, deben pertencer a algún colectivo en perigo de exclusión laboral, como mulleres, maiores de 45 anos, persoas desempregadas de longa duración, persoas con discapacidade, en situación de drogodependencia, sen fogar, vítimas de violencia de xénero, pertencentes a un fogar monoparental ou con problemas para atopar emprego por cuestións socioculturais ou de idioma.