Xoves. 02.05.2024

A Asociación de Mineiros Touro-O Pino convocou, un ano máis, na discoteca Donadana, aos veciños da comarca para celebrar a festividade de Santa Bárbara entre fogos de artificio, comida e boa música. Preto de 4.000 persoas asistiron a este acto marcado polo recoñecemento da historia mineira da zona e polo desexo dunha nova posta en marcha da mina de Touro-O Pino.

Ademais de festa, na xornada tamén houbo lugar para a reivindicación. O encontro foi unha mostra de unidade e apoio no que os asistentes reclamaron que promotores e administración pública axilicen os trámites para retomar o proxecto mineiro de Touro-O Pino para dar así impulso a unha comarca cunha tradición mineira de máis de 100 anos, e cumprir así o desexo de “poder reunirse no ano 2024 cun proxecto de mina aprobado”.

No evento, o presidente da asociación, Javier Balado, tomou a palabra para expresar o seu agradecemento pola presenza de tódolos asistentes e o gran apoio recibido. Ademais, aproveitou a ocasión para solicitar ás partes involucradas no proxecto de mina que colaboren con “transparencia e boa fe”. Tamén destacou a importancia do diálogo con Cobre San Rafael, subliñando o traballo man a man para poñer en marcha un plan integral para tratar as augas da antiga mina.

A continuación, Balado cedeulle a palabra a Fran Méndez, secretario de Cambio de Modelo Produtivo e Sustentabilidade de Comisións Obreiras, quen sinalou a necesidade de proxectos innovadores que xeren emprego.

En representación de Cobre San Rafael falou Venancio Salcines que resaltou a relevancia do proxecto mineiro, destacando que celebráronse máis de 140 reunións nun esforzo por ser unha compañía comprometida coa sociedade. Expresou o seu desexo de convertir o proxecto nun referente para a minaría sostible en Europa e o mundo.

COBRE SAN RAFAEL, UN COMPROMISO LOCAL

Cobre San Rafael é consciente da súa responsabilidade como actor produtivo na zona, por iso quere participar naquelas actividades de carácter social como parte do seu compromiso co entorno e a poboación.

Nesta liña, a compañía ten en marcha un programa de sustentabilidade integral, na súa aposta por un diálogo continuo coa sociedade para construír un ecosistema medioambiental e social mellor.

Desta forma constituíuse TERRAS, o plan de RSC de Cobre San Rafael, que abrangue cinco ámbitos de actuación, cada un deles conta cunha serie de actividades e accións específicas. Relacionado coa posta en valor do río Ulla está TERRAS do Ulla; polo respecto do Camiño, TERRAS do Camiño; para o desenvolvemento socioeconómico da comarca, TERRAS do Futuro; pola seguridade e a saúde, TERRAS de Vida, e, para as accións de carácter social, TERRAS da Xente.

As siglas do plan fan referencia á Transparencia, Ética e Responsabilidade Real Ambiental e Social que se atopan explícitas nas áreas de interese do proxecto, que son: medio ambiente, sociedade e desenvolvemento; polas que a empresa traballa día a tras día no seu compromiso coa terra e as persoas.