Venres. 26.04.2024
O Concello de Touro, nos traballos para manter ao día o seu patrimonio público, está arranxando durante os meses de verán os seus lavadoiros públicos ubicados nas diferentes parroquias. O equipo de traballadores do Concello de Touro xa arranxou o lavadoiro da Muíña, no Concello de Quión. As obras consistiron en sustituir o azulexo do interior do lavadoiro e cambiar as columnas que soportan o tellado. Estos lavadoiros, sobre todo no verán, aínda son utilizados por algúns veciños e veciñas para lavar a roupa. Pero cada vez son menos frecuentados. Outro dos lavadoiros arranxados é o de Laña, tamén na parroquia de Quión, no que foi restaurado un muro lateral. Entre os traballos que restan por facer está outro lavadoiro na parroquia de Loxo. O seu arranxo faráse nas próximas semanas. Os traballadores municipais seguirán desenvolvendo o arranxo destes e outros espacios durante os próximos meses. O Concello de Touro pretende así manter ao día as instalacións que son utilizadas pola veciñanza.