Venres. 26.04.2024

Os populares de Melide repasan as accións levadas a cabo polo goberno municipal en materia de solo industrial. Explican que “dende o PP traballamos sempre na liña de aumentar parque empresarial logo da política de promoción e implantación de empresas que se fixera nos oito anos de goberno popular ao vender cos prezos bonificados e a baixada de impostos para empresas co galo de crear oportunidades de negocio atractivas e fixar poboación”.

Engaden que “desde aquel informe que solicitaramos para que se nos informase das posibilidades medioambientais e patrimoniais que tiña de ampliación do actual parque non se volveu saber nada a pesares de que os que hoxe teñen responsabilidades de goberno se cansaron de reiterar que o PP non facía nada, ben pouca memoria teñen para o que lles convén”.

Os populares veñen así a reivindicar “a liña de traballo aberta no seu día para analizar as posibilidades de ampliación de solo industrial en Melide. No seu momento, e cando aínda metros de solo industrial dispoñible encargamos un estudo medioambiental a instancias do mellor científico de España sobre a Serra do Careón e a súa protección para ver as posibilidades reais de ampliación do parque; tramitamolo ante as instancias pertinentes propoñendo 4 opcións de implantación de máis metros de solo industrial sendo que a resposta foi que das catro opcións propostas so duas eran viables; por aquela época tanto os que agora están no goberno (AM) que eran BNG cansaron de criticar a actuación do PP ao entender que se podía ampliar o parque ao lado do actual polígono mentras que o PSOE nin sequera atendía a razóns a pesar dos informes técnicos de carácter técnico”.

Dalia García a portavoz dos populares en Melide apunta que “a piques de cumprir tres anos de goberno ao fronte do Concello de Melide de querer implantarse unha empresa en Melide non teríamos solo industrial que ofrecerlle o que é un fracaso estrepitoso dos actuais responsables municipais e o que é máis grave, unha falta de dilixencia no tratamento de asuntos municipais”.