Venres. 26.04.2024

Executivas de Galicia en colaboración coa Conselleria de Cultura, Educación e Universidade, puxeron en marcha o primeiro programa EduReferentes, que se imparte en 20 centros repartidos por toda Galicia.

Como novidade, esta edición conta con mentorías nas que as referentes galegas acompañarán durante cinco sesións a cinco alumnos e alumnas de cada centro co fin de establecer unha relación de apoio e coñecementos.

EduReferentes, ten como obxectivo achegar ás aulas a mulleres referentes galegas en diferentes sectores profesionais, para que os alumnas e alumnos teñan exemplos aos que seguir e descubran novos ámbitos profesionais e de éxito. Trátase dunha actividade transversal na que os participantes, ademais de ter novos referentes, poidan traballar diferentes habilidades sociais e de comunicación co fin de achegar unha experiencia educativa e formadora. A proposta xurdiu ante a necesidade cubrir a falta de referentes femininos nas xeracións máis novas.